🌡 GALICIA | A vaga de calor deixa temperaturas por riba dos trinta graos [iwYdcm7Pyfz]
A Xunta, no marco do Plan de actuacións fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, aumentou a nivel 2 a alerta por episodio de calor no sur da provincia de Pontevedra, concretamente nas zonas isoclimáticas do litoral e do Baixo Miño. No ámbito deportivo, a través da SecretarÃa Xeral para o Deporte, determinouse a suspensión da actividade deportiva federada no exterior debido ao aviso laranxa por episodio de calor este domingo nos 27 concellos das RÃas Baixas e nos 16 do interior de Pontevedra. Prevese que este episodio se prolongue ata o xoves da vindeira semana, e mesmo nalgunhas zonas poderÃa estenderse ata o venres, precisa o Goberno autonómico. Ademais, activouse a alerta de nivel 1 nas zonas do suroeste da Coruña e de Valdeorras, en Ourense. A ConsellerÃa de Sanidade lémbralle á poboación, especialmente aos grupos de risco (maiores de 65 anos, menores de 4 anos, persoas con patoloxÃas crónicas ou que traballan no exterior), que beban máis lÃquidos, eviten o alcol e usen roupa lixeira e de cor clara. Máximas de 40 graos MeteoGalicia activou o aviso laranxa no Baixo Miño a partir das 15:00 horas deste domingo por temperaturas máximas superiores aos 37 graos. De xeito puntual poderÃan alcanzarse os 40 graos. Tamén hai aviso amarelo por calor no sur e noroeste da provincia de Ourense, na comarca de Valdeorras e nas RÃas Baixas onde os termómetros van superar os 34 graos. O luns a situación complÃcase e o aviso laranxa, que continuará activo no Baixo Miño, esténdese á contorna do rÃo en Ourense e a Valdeorras, onde se poderÃan alcanzar os 40 graos. Do mesmo xeito, haberá aviso amarelo por calor no interior da Coruña, no litoral de Pontevedra, no sur de Lugo e na montaña desta provincia. Vento nordés O vento do nordés, con intervalos de forza 7, tamén obrigou a activar o aviso amarelo este domingo na Costa da Morte pola mañá e pola tarde nas comarcas de Ferrol-Ortegal.